luns, 4 de febreiro de 2019

PRESENTACIÓN E RESUMOS DO LIBRO POR CAPÍTULOS.

Moi boas! Despois de ler con moita atención o libro Elemental queridos humanos, vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra, fixen uns resumos por capítulo e unha presentación para poder expoñer diante do meu grupo. Por se vos interesa, dita presentación pódese ver aquí, e o traballo escrito aquí.


EPÍLOGO: “EL PORVENIR ESTÁ ABIERTO”.

Para Karl Popper foi o primeiro en defender a vida, e para el todos os seres vivos estamos continuamente elaborando hipóteses, aínda que non sexa de maneira consciente.

Segundo el tamén, os humanos creamos a linguaxe, unha ferramenta que nos permite sacar fora esas hipóteses e sometelas a crítica, e poder así resolver problemas. En resumo, o epílogo deste libro é un homenaxe a Karl Popper e ao seu libro, cuxo título comparten.



CAPÍTULO 24: “SUBE LA FIEBRE”.

La Tierra es un lugar hermoso, pero tiene una enfermedad llamada hombre” é unha frase moi adecuada para o tema deste capítulo, dita por Nietzsche.

Hai persoas que negan o cambio climático, coma se fose un tema unha cuestión aberta a debate ou unha ideoloxía, cando o que realmente é é un problema moi serio actualmente. Este capítulo insiste moito en dito problema e cita cales estás sendo as consecuencias do mesmo, que non son outras que as que xa todos coñecemos (fusión dos polos, esgotamento de recursos, emisión excesiva de gases tóxicos...).

CAPÍTULO 23: “GUERRA Y PAZ”.

Cando se libra unha guerra, nunca se conta como acabaron os derrotados, porque a nós como humanos non nos interesa. En realidade, parece que non sabemos honrar a alguén se non é un conquistador de terras. O mesmo pasa cos animais, que despois de vencelos os que nos resultan útiles (vacas, ovellas...) sobreviviron, e actualmente moitos deles viven en granxas intensivas de explotación.

De todo iso naceu un gran dilema moral sobre que animais son os que mellor viven:
  • Os que viven presos nesas granxas, unha vida normalmente longa e sen falta de alimento, pero separados das crías e sobreexplotados.
  • Os que viven libres pero morren pronto porque son presas doutros animais ou por falta de alimento.
  • Os que son obxecto de investigación e experimentación en laboratorios, pero sen riscos de ser presa ou de falta de comida.

Volvendo ao tema das conquistas, cabe mencionar que os gañadores non sempre saen moi ben parados. Despois de conquistar novos terreos, os conquistadores poden levar infinidade de novas enfermidades as súas terras, as cales adquiriron neses novos terreos conquistados.



CAPÍTULO 22: “EL HOMBRE PROPONE Y EL CIELO DISPONE”.

Este capítulo non é moi extenso e trata de temas puramente biolóxicos que todos coñecemos, como o cambio climático producido pola nosa contaminación desmesurada e a negación que exercemos ante ese problema.

CAPÍTULO 21: “¡CUÁNTA BASURA!”.

Os humanos somos os únicos seres vivos que producimos tantos residuos que semellan infinitos, e comezouse a demostrar durante a Revolución Industrial. Dende entón a xestión de residuos procedentes da industria e das cidades converteuse nun problema de moi difícil solución. Calcúlase que nun país rico cada persoa produce arredor de 1kg o día de lixo, e en cidades máis avanzadas como Nova York, 3kg ó día.

A pesar de todos os problemas que produce o exceso de lixo, non se pon moito esforzo en solucionalos. A opción máis recorrente é a de sacar os residuos das cidades que sexan máis importantes e acumulalos noutras consideradas menos importantes a ollos dos líderes das grandes potencias mundiais; formando así enormes vertedeiros a ceo aberto nos países menos desenvoltos. Aínda así, nas grandes cidades tamén existen grandes vertedeiros: en Nova York, México, Bombay, Madrid... hai vertedeiros de máis de 200 hectáreas de superficie. Tokio non figura nesa lista porque eles optaron por queimar os seus residuos. Dita cidade produce 405 millóns de toneladas de lixo cada ano, e só recicle un 13% aproximadamente.
Ditos vertedeiros ao ser tan grandes, non só teñen o obvio efecto sobre a Terra, senón que tamén o teñen sobre a sociedade. Hai familias que habitan neses lugares, e viven do que lles proporciona rebuscar nese lixo para despois reparalo, se é posible, para despois vendelo.



O SÉTIMO CONTINENTE
Entre Asia e América do Norte, no océano Pacífico, apareceu o que se lle chama, con moita ironía, o “sétimo continente”. Ten a extensión de tres Españas aproximadamente e basicamente é unha placa flotante feita de plásticos, os mesmos que nós tiramos sen nos preocupar máis deles.

Fai tempo dicíase que os mares eran as despensas da humanidade, e que no futuro nos alimentaríamos del, xa que é inesgotable; pero co paso de tempo estanos quedando claro que non vai ser así (costas totalmente destruídas, animais e plantas mariñas extintas...).

Tamén se dixo que os plásticos que desperdiciamos agora serán usados polos arqueólogos do futuro para determinar a idade do que sexa necesario ou o paso do tempo, pero sinceramente dubido de que se cheguen a expoñer en museos como afirma o libro.



CAPÍTULOS DO 14 ATA O 20.

Os capítulos:
14: … y se conocen a sí mismos.
15: Algunos decidieron ganarse el pan...
16: … y empezaron a cambiar la piel de la tierra.
17: Pero no todas son tierras de garbanzos.
18: Los campesinos hacen paisajes.
19: Alumbrar, cocinar, calentar y mucho más.
20: Cada vez más juntos.
Falan de como evolucionou o ser humano, e de como este foi alterando a Terra mediante as súas construcións, os seus campos de cultivo...

CAPÍTULO 13: “LOS HOMÍNIDOS CONOCEN MUNDO...”.

En Georgia aparecen os restos dunha especie denominada homo georgius, os cales recordaban aos homo habilis; pero o seu cerebro é moito máis grande, así como a súa altura.

Simultaneamente, en Flores (Indonesia) descobren restos do que chamarán homo floresiensis, de un metro de estatura e cerebro de australopitecus. Ademais, aparecen con artefactos de pedra e nunha illa, o cal demostra que tiveron que aprender a navegar ata ela.




CAPÍTULOS 8, 9, 10 E 12.

Os capítulos :
8: Una cápsula de supervivencia en forma de huevo.
9: ¿Por qué no vuelan los elefantes y se suben a los árboles las ballenas?
10: El suelo se mueve bajo los pies.
12: A terra tirita.

Continúan a falar sobre o avance das primeiras formas de vida moi detalladamente, así como dos cambios na Terra.

CAPÍTULO 11: “UNOS MACHOS MUY PELEONES”.

Os primeiros homínidos coñecidos son os australopitecos, e tiñan uns molares máis grandes e fortes que os chimpancés. Grazas a iso o seu alimento podía ser moito máis duro (froitos maduros, tallos de plantas...).


Os australopitecos eran pequenos e bípedos, e había unha gran diferenza entre os machos e as femias (clara superioridade física dos machos), no cal o libro fai moito énfase.


CAPÍTULO 7: “UNHAS DELICATESSEN VIDAS DO CÁMBRICO”

En Galicia comemos lampreas, que son uns animais que teñen a boca moi rara: sen mandíbula, e por iso non poden cazar as súas propias presas, facéndose así parásitos dos outros peixes. Son representantes dos agnatos (vertebrados sen mandíbula), que foron os primeiros que houbo no Cámbrico. Os vertebrados con mandíbula aparecen no Silúrico pero fixéronse abundantes no Devónico.

Ademais, cabe destacar dúas clases de peixes: os que teñen o esqueleto de cartilaxe (tiburóns), e os que o teñen de óso. Dentro do segundo grupo poden ter moitos ósos na aleta (que non son comestibles) ou poucos (que son comestibles).

Os humanos descendemos de algún peixe con catro aletas de pouco óso e pulmóns cos que respirar o osíxeno do aire nas zonas de auga con pouca profundidade.

No Devónico aparecen tamén as plantas máis simples (musgo) e as plantas vasculares (con raíces e condutos para os líquidos).

CAPÍTULO 6:“¿DÓNDE SE METÍAN LOS ANIMALES, QUE NO APARECEN?”

No Cámbrico fan a súa aparición no rexistro fósil os animais que coñecemos hoxe en día (vertebrados, invertebrados... e dentro destes últimos, moitos organismos que acabaron desaparecendo coma os artrópodos). Antes do Cámbrico non hai rastro algún de cunchas, placas, dentes, osos, corais...

Existe unha teoría que propón que os animais anteriores ao Cámbrico vivían coma “espidos”, é dicir, se partes duras nos seus corpos; mentres que outra di que apareceron nesa época, e por eso non hai restos anteriores.


TODO O MUNDO ERRA AS VECES.
Charles Darwin na súa obra El origen de las especies acepta a tería da evolución de sir W. Thompson, que di que a evolución foi máis rápida ao principio e logo baixou a súa velocidade (aínda que agora nós xa sabemos que non foi así). Pero sir W. Thompson ademais, para determinar a idade da Terra, baseábase na velocidade de arrefiramento do interior do planeta. Pero o que el non sabía era que a radioactividade produce o calor do interior do noso planeta.

UNS PEQUENOS PETER PAN.
Os vertebrados considerámonos o produto máis acabado da evolución. Os animais divídense en grupos chamados filos, que están moi separados dende fai un montón de anos. Os vertebrados non forman un filo propio, senón que están dentro do filo dos cordados.

Un animal cordado é aquel que ten unha estrutura cilíndrica, maciza e consistente que o percorre case por completo, e sobre a cal se apoian os músculos permitindo así a súa flexibilidade. Ademais teñen tamén un tubo neural en posición dorsal.

O anfioxo é un cordado suspensívoro que vive no fango marino. Ten boca, pero carece de cráneo, mandíbula, cerebro e ollos. Os primeiros vertebrados era moi similares a esta especie animal.

Pero hai un subtipo de cordados chamados tunicados. Forman parte dese grupo as ascidias, das cales se pensa que nas súas pequenas larvas atópase a chave da orixe dos anfioxos e dos vertebrados. Se fose verdade podemos imaxinar que descendemos duns pequenos Peter Pan (xa que levan unha vida nómade).

venres, 1 de febreiro de 2019

PRESENTACIÓN E RESUMOS DO LIBRO POR CAPÍTULOS.

Moi boas! Despois de ler con moita atención o libro Elemental queridos humanos, vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra, fixen uns resumos por capítulo e unha presentación para poder expoñer diante do meu grupo. Por se vos interesa, dita presentación pódese ver aquí, e o traballo escrito aquí.
Resultado de imaxes para elemental queridos humanos

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...