A
pesar de todos os problemas que produce o exceso de lixo, non se pon
moito esforzo en solucionalos. A opción máis recorrente é a de
sacar os residuos das cidades que sexan máis importantes e
acumulalos noutras consideradas menos importantes a ollos dos líderes
das grandes potencias mundiais; formando así enormes vertedeiros a
ceo aberto nos países menos desenvoltos. Aínda así, nas grandes
cidades tamén existen grandes vertedeiros: en Nova York, México,
Bombay, Madrid... hai vertedeiros de máis de 200 hectáreas de
superficie. Tokio non figura nesa lista porque eles optaron por
queimar os seus residuos. Dita cidade produce 405 millóns de
toneladas de lixo cada ano, e só recicle un 13% aproximadamente.
Ditos
vertedeiros ao
ser tan
grandes, non
só teñen o obvio efecto sobre a Terra, senón que tamén o teñen
sobre a sociedade. Hai familias que habitan neses lugares, e viven do
que lles proporciona rebuscar nese lixo para despois reparalo, se é
posible, para despois vendelo.
Entre
Asia e América do Norte, no océano Pacífico, apareceu o que se lle
chama, con moita ironía, o “sétimo continente”. Ten a extensión
de tres Españas aproximadamente e basicamente é unha placa flotante
feita de plásticos, os mesmos que nós tiramos sen nos preocupar
máis deles.
Fai
tempo dicíase que os mares eran as despensas da humanidade, e que no
futuro nos alimentaríamos del, xa que é inesgotable; pero co paso
de tempo estanos quedando claro que non vai ser así (costas
totalmente destruídas, animais e plantas mariñas extintas...).
Tamén
se dixo que os plásticos que desperdiciamos agora serán usados
polos arqueólogos do futuro para determinar a idade do que sexa
necesario ou o paso do tempo, pero sinceramente dubido de que se
cheguen a expoñer en museos como afirma o libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario