luns, 19 de novembro de 2018

NOVAS FILOSÓFICAS DE INTERÉS I

Nesta sección do blogue, irei publicando novas que se publican en moitos medios, que tratan temas reacionados ca filosofía.

Polo momento, estas son as que atopei, pero irei publicando máis ao longo do tempo.

CAPÍTULO 3:“MUCHAS GRACIAS, PEQUEÑAS, OS DEBEMOS LA VIDA”

Cando un paleontólogo usa o pronome nós, pode referirse a dous termos moi diferentes:
  • Nós como seres humanos Homo Sapiens, especie que xurdiu hai uns dous mil anos aproximadamente en África, e que se espallou por todo o mundo. Logo diso, apareceron moitas culturas moi diferentes entre elas, polo que tivemos que descubrirnos uns aos outros.
  • Nós como homínidos, referíndose ao momento bastante antigo da historia no cal nos separamos da liña dos chimpancés, hai uns seis o sete millóns de anos.

Fala tamén do duro e complexo problema que supón tentar definir a vida, o que está vivo e o que está morto. Nomea unha primeira teoría que postula que a vida consiste en resolver problemas, cargas, traballos... pero está claro que as plantas non o fan; a pesar de ser seres vivos. Introduce tamén outra teoría, bastante mais tola e enxeñosa, que postula que todo o que está vivo pódese comer.


CAPÍTULO 2:"A DEUSA GAIA E OS SEUS PROFETAS"

O segundo capítulo comeza cunha explicación sobre a deusa grega que personifica á Terra, Gaia ou Gea. Tamén cita varias teorías que sitúan a Gaia como deusa non só de todo o vivo, senón que tamén de todo o morto; hai outras que din que a propia Gaia é o ser vivo e non un simple fogar doutros seres vivos.

A idea orixinal de darlle ese nome á Terra tivérona James Lovelock (químico) e William Golding (novelista); quen foron apoiados por Lynn Margulis (microbióloga).

James Lovelock decátase de que a química por si mesma non explica a composición da Terra, e que debe axudarse pola bioloxía, descubrindo así que a atmosfera é unha anomalía en relación ao resto de atmosferas da vía láctea.

Son estes os descubrimentos que dan lugar á escritura, no século XX, dun ensaio de gran importancia chamado Gaia: una nueva visión de la vida sobre la Tierra.

martes, 6 de novembro de 2018

CAPÍTULO 1:"UN DESCUBRIMENTO TAN GRANDE QUE NINGUÉN SE DECATOU DEL"

O primeiro capítulo do libro Elemental, queridos humanos. Vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra contadas por Juan Arsuaga fala de como é a Terra, que a compón... en definitiva, describe o que denomina a nosa casa.

Fala tamén dunha paradoxa iniciada polo británico Arthur C. Clarke (1917-2008) cando dixo que sería moito mellor chamar Océano en lugar de Terra ao noso planeta, debido a que a maior parte deste son augas e non terra emerxentes. Esta teoría verase reforzada pola existencia dos mantos de xeo e glaciais situados nos polos, que almacenan cantidades enormes de auga en estado sólido.

Tamén se nomea a un xeoquímico ruso que comezará a falar dos seres vivos como outra capa da Terra; e uns anos máis tarde Pierre Teilhard de Chardin (1881-1953) daralle o nome de "noosfera" ou "esfera pensante". Segundo o científico e místico francés, os seres vivos están a tecer unha nova e sutil capa, unha rede de cerebros que traballan xuntos sobre a Terra.

O primeiro capítulo foi bastante interesante, gusotume moito. Pronto continuarei a lelo e a resumilo. Moitas grazas!💓

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...