xoves, 9 de maio de 2019

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a legalización da eutanasia volver estar en boca de moitos, e dada a súa importacia considero que nun blogue sobre filosofía da ciencia sería interesante tratalo.

A continuación, os principais puntos a favor da súa legalización:
  • Liberdade persoal: toda persoa, sempre que se atope en pleno uso das súas capacidades mentais, debe ser libre de poder decidir o futuro da súa vida; o problema chega cando non é capaz de executar a súa decisión polas súas condicións físicas. Nese caso, por que non vai poder un médico ou familiar axudalo coa súa decisión?
  • Ter unha vida indigna por algunha enfermidade: algunhas condicións médicas provocan uns deterioros físicos nas persoas que as sufren que lles impiden levar unha vida normal, ou tan sequera digna.
  • Dor e sufrimento: existen moitas enfermidade incurables ou progresivas que fan da vida dalgunhas persoas unha travesía insufrible polo dor que ocasionan, físico ou pxicolóxico.
  • Artigo 2 dos Dereitos Humanos: dito artigo declara que ninguén poderá ser torturado ou sometido a situacións denigrantes, e certas enfermidades provocan esas situacións polos terribles efectos que teñen.
Deseguido, os puntos a favor de que non se legalice:
  • Asesinato/homicidio: cando se lle practica a eutanasia a alguén estase acabando ca súa vida, co cal estase a cometer un asasinato ou homicidio.
  • Dor dos seres queridos: no caso de que a morte acabe co sufrimento do enfermo, pode agravar moito o dos seus familiares e amigos.
  • É irreversible.
  • Fraudes: o ser humano e malévolo, e pode chegar a practicar ou recomendar a práctica da eutanasia co fin de abaratar costos ás familias ou ao Estado.
  • Relixión: segundo o cristianismo, unha persoa non é a dona da súa vida, senón que esta pertence a Deus, e é el quen debe escoller cando remata.
Unha vez expostos os puntos a favor e en contra, podo formar unha opinión sobre o debate. Conclúo que a eutanasia debería ser legal en todas as situacións que sexa solicitada polo paciente, e sempre e cando este se atope perfectamente nas súas condicións psicolóxicas; ademais do férreo control que se debe seguir, para evitar fraudes e inxustizas.


RELIXIÓNS (OPINIÓN PERSOAL)

As relixións son un tema bastante delicado para debatir, e ante todo aclarar que o seguinte é unha opinión persoal e non pretende ofender a ningén.

Tanto na miña casa como no meu antigo colexio, recibín unha forte educación relixiosa, desas de ir todos os domingos á misa ou de non poder comer carne en certa época do ano. Eu dende moi pequena souben que todo iso do ceo e da vida eterna non me cheiraba moi ben, e ocasionoume bastantes problemas. Non me parecía ben ter que ir todos os domingos e escoitar o sermon, ou ir a contarlle as miñas pillerías o cura de turno, ou facer a primeira comunión.

Dende os 3 anos ata qe empecei bacharelato estudei nun colexio relixioso, no cal todas as mañás facíamos a oración do día, e de vez en cando había misas na capilla que tiñan dentro. Nun colexio así nunca puden estudar filosofía ou valores éticos, xa que a relixión era obligatoria. Nese mesmo colexio tiven que tapar os meus piercings con esparadrapo para poder sentarme no pupitre. E tamén nese colexio estaba terminantemente prohibido saltarse unha eucaristía ou levar un pantalon que acabase encima do xeonllo.

Eu son unha persoa moi nova e cas ideas cambiantes e en proceso de formación, pero do que estou cen por cento segura é de que eso non está ben. Non está ben sacar aos nenos de clase de historia para levalos á misa ou a confesarse, e non está ben privalos de estudar filosofía porque a relixión sexa a materia imposta.

Por todo iso e moito máis espero, que se o día de mañá cumplo as miñas metas é chego alto no mundo da política, consiga acabar con este tipo de institucións; ou polo menos evitar a súa financiación con diñeiro público.

Para finalizar repito que esto é tan só a miña humilde opinión e que non pretendo ofender a ningúen, xa que hoxe en día expresarse comeza a ser case tan complicado como era fai 60 anos.


O HOME E A LÚA. ESE DEBATE.

Cada certo tempo reaparece ese enorme debate sobre as posibles mentiras que a NASA introduce na nosa sociedade: é a Terra plana?, chegou o home a lúa?... Para os máis escépticos o home non chegou a pisala nunca, e trátase dunha conspiración mundial para enganar a todas as persoas e esconder algo que se econtrase alá arriba. Para outros o home chegou e de verdade chantou a bandeira dos EEUU e saúdouna ben loxe da súa terra.

Persoalmente non poría a man no lume por ningunha das dúas, pero si apostaría porque o Amstrong dera ese paseo lunar. Un dos aspectos máis criticados polos escépticos sobre a veracidade das imaxes aportadas pola NASA como proba é a bandeira. Nesta entrada tentarei explicar o meu punto de vista sobre ditas imaxes.
  • Na primeira fotografía podemos ver o astronauta en pe saudando a súa bandeira, que esta chantada a uns metros del. Podemos ver sobresaír os seus dedos pola parte dianteira do seu casco. Pola forma que colle a bandeira parece estar ondeando e podemos observas que esta suxeita por toda a parte superior.

  • Na segunda imaxe vemos como xa baixou o brazo para finalizar o saúdo. A bandeira atópase exactamente na mesma posición, co cal podemos concluír que a bandeira non está ondeando, senón que esa sensación de movemento débese a menor forza da gravidade na lúa.

Como xa dixen eu non teño a resposta o debate, pero unha imaxe vale máis que mil palabras. O escepticismo está moi ben, é moi viable como forma de pensamento e tamñen moi respetable, pero como pensaba Kant, hai que saber porlle freo para non evitar que o saber avance.

O MELLOR MESTRE DO MUNDO

Fai uns días entereime de que existe un premio para o mellor mestre do mundo, cuxa recompensa son cerca de 900 000€. O de este ano resultou bastante particular, xa que gañouno un home de 36 anos procedente dun pobo remoto e moi azotado pola pobreza en Kenia. 

O eloxiado mestre chámase Peter Tabiche, e según dixo cando lle deron o premio "débello todo a Deus". 

Unha das cousas polas que máis merece o premio para o comité encargado, é o feito de que done o 80% do seu salario aos máis pobres do pobo. Nos 12 anos que leva dando clase, non só ensina os contidos das materias, senón que tamén imparte clases de cultivo para evitar as enormes fames que pasan os seus alumnos.

O presidente de Kenia felicitouno coas seguintes palabras: "é un xenial exemplo do que o espírito humano pode conseguir non só para Kenia ou África, senón para todo o mundo".



sábado, 4 de maio de 2019

OS 10 EXPERIMENTOS MÁIS CRUEIS DE JOSEPH MENGELE

Como xa dixen na lista anterior, eu xa coñecía un pouca da historia de Mengele, xa que me parece un tema moi interesante.
Josef Mengele naceu o 16 de marzo de 1911 en Baviera e morreu o 7 de febreiro de 1979 no Brasil. 

Josep Mengele (Wikipedia)
Foi un oficial alemán da Schutzstafell (SS) e médico no campo de concentración de Auschwitz durante a segunda guerra mundial. Ali recibiu o alcume de "Anxo da morte" polos seus atroces experimentos. Nesta entrada do meu blogue, expoño una pequena lista cos seus 10 experimentos más crueis.
  • Mediante inxeccións de produtos químicos, tratou de cambiar o color dos ollos dos nenos para que sexan azuis.
  • Dada a súa curiosidade polos siameses, chegou a coser a dous nenos para estudar como progresaban. Ambos morreron polas infeccións da operación.
  • Mengele era un gran defensor da raza aria, e para "defendela" creou métodos de esterilización para mulleres moi dolorosos e incluso mortales.
  • Estudou moito sobre os xemelgos probando se as tranfusións de sangue eran compatibles neles.
  • Infectou a presos con xermes letais para investigar a sñua evolución ou a súa cura, así como o uso da enfermidade como arma biolóxica.
  • Realizou operacións de cambios de sexo en nenos, especialmente en xemelos, para observar as reacións físicas e mentales.
  • Obligou a irmaus a ter fillos entre eles para analizar a "calidade" dos nenos que nacían.
  • Separaba a xemelos e pechabaos solos para ver cal dos dous soportaba máis tempo a soidade.
  • Cortou muslos a prisioneiras asasinadas para usalos como material de cultivo no seu laboratorio.
  • Obligaba a nais a tapar os pezóns durante o período de lactacia para ver canto podía aguntar un nenos sen leite materna.

CIENTÍFICOS TOLOS DA VIDA REAL (II)

Como me pareceu moi interesante a lista dos médicos tolos, hoxe vouna ampliar un pouco mais!
  • John Lilly: foi o creador da cámara de privación sensorial, un artefacto que priva as persoas que sufren nel de recibir calquera tipo de estímulo; o cal acaba por volver tolas as persoas. Nun principio aplicouno como modo de tortura militar, pero co tempo diseñouno de forma máis caseira, e ía dirixido a home que pretendían castigar as súas mulleres.
  • J. Robert Oppenheimer: foi o creador da bomba atómica nuclear e un dos directores do proxecto Manhatan, encargado do desenvolvemento das famosas bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki.
  • Simdney Gottlieb: foi un psiquiatra dos EEUU que era especialista en envenenamentos (conspirou para envenenar a Fidel Castro), e estudou moito o uso do LSD para obter máis información en interrogatorios militares.
  • Joseph Mengele: este é o máis coñecido da lista, persoalmente xa coñecía a súa historia de fai moito tempo e pode que lle dedique unha entrada. O seu crime levouse a cabo durante o Terceiro Reich, e trátase de todos os experimentos que levou a cabo como médico dun campo de concentración: especializouse nos xemelgos, se sentían un a dor de outro... actuaba con moita frialdade e por eso, quizais sexa o médico máis cruel e tolo que existiu.
Josep Mengele (Wikipedia)
John Lilly (Wikipedia)




mércores, 6 de marzo de 2019

DISPARATES DE ALUMNOS EN EXÁMENES DE FILOSOFÍA

Todos os alumnos sabemos que moitas veces temos moitos exames nun mesmo día, ou temos semanas realmente caóticas debido a eles, entón sempre se nos pode "ir un pouco a pinza" e dicir algunha tontería, pero tanto como estas...

Eu todos os días leo os periódicos, e fai un par de días vin esta noticia a cal me deixou moi impresionada. Fala sobre un profesor que leva moitos anos dando clase de Filosofía e Historia, e conta algunhas desas "burradas" ditas ou escritas polos seus alumnos. A verdade é que é algo interesante de ler, e paréceme moi relevante sobre todo nesta época do curso...

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...