luns, 3 de decembro de 2018

NOVAS FILOSÓFICAS DE INTERÉS II

As novas relacionadas coa filosofía que ofrezco hoxe son as seguintes, para velas solo tendes que facer click sobre o título da mesma:


CAPÍTULO 5:"¿INTERCAMBIAS GENES O TE LOS GUARDAS? APARECE EL SEXO"

O inglés R. H. Whittaker xunto coa xa nomeada Lynn Margulis propuxeron unha división da vida en cinco reinos:
  • Por un lado están as bacterias e as cianobacterias (Reino Monera), que son organismos unicelulares que non teñen núcleo nin orgánulos.
  • Máis tarde, pola incorporación sucesiva de diferentes tipos de procariontes, apareu o Reino Protoctista, formado por organismos unicelulares con núcleo y orgánulos. Todos teñen mitocondrias.
  • De ese grupo, os que ademais teñen cloroplastos formaran o Reino Plantae.
  • E de ese mesmo grupo, os que non as tiñan podían formas o reino dos animais (Reino Animalia) e o dos fungos (Reino Fungi).
Durante moito tempo só houbo seres unicelulares, os tres reinos máis modernos son os animais, as plantas e os fungos. Os organismos formados por unha ou máis células compostas tiveron un gran proceso evolutivo e os humanos somos un dos seus representantes actuais. Este é un gran momento para reflexionar sobre o feito de que os cinco reinos non se poden poñer en fila, senón que a evolución ten forma de árbore dende os seus inicios.


O primeiro que usou o termo biodiversidade foi un notable investigador chamado E. O. Wilson, famoso por, entre outras cousas, desenvolver unha nova rama da ciencia do comportamento chamada sociobioloxía, que consiste en explicar a organización social das especies en relación os principios dos neodarwinismo. Dito doutra forma, consiste en determinar canto influíu o ambiente nos xenes de alguén para dar lugar ao individuo que se formou.

Outro problema é o de determinar se algo está vivo ou non. Os seres vivos reprodúcense, crecen, producen residuos, móvense... pero as plantas e os fungos non cambian de lugar! O que todos os seres vivos teñen en común é a capacidade de autocopiarse, e algúns mediante o sexo e as células sexuais (método que resultou moito máis efectivo que o asexual). Por outra parte a recombinación xenética á que da lugar a combinación dos xenes dos dous proxenitores dun ser vivo, proporciona moita variedade ás especies, xa que non hai dous individuos iguais.

Como ampliación, se fas click sobre calquera das imaxes sobre os reinos animais, irás a outra páxina para informarte máis sobre ese tema.





CAPÍTULO 4:"LA IMPORTANCIA DE UNA MALA DIGESTIÓN"


No cuarto capítulo do libro, fálase de que na biosfera actual hai moitos organismos pluricelulares, formados por células eucariotas, que teñen membrana nuclear (dentro da cal se almacena o ADN) e varios orgánulos no citoplasma. Os vexetais pola súa parte, teñen ademais cloroplastos, con clorofila para poder levar a cabo o seu proceso de fotosíntese. Pero o realmente curioso é que o material xenético forma o núcleo desas células. 

Dise que unhas bacterias chamadas espiroquetas convertéronse nos flaxelos que impulsan a algunhas protistas, e que incluso poderían ter a mesma orixe que os filamentos que fan posible a división celular ou mitosis. Esta teoría foi defendida por Lynn Margulis, e é chamada endosimbiosis. Ademais, dita teoría contradice totalmente a idea de Darwin da selección natural.

Facendo click na imaxe sobre os orgánulos que teñen en común as células vexetais e animais, visitarás unha paxina na cal se profundiza moito máis sobre ese tema en concreto.


EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...