-
Por un lado están as bacterias e as cianobacterias (Reino Monera), que son organismos unicelulares que non teñen núcleo nin orgánulos.
-
Máis tarde, pola incorporación sucesiva de diferentes tipos de procariontes, apareu o Reino Protoctista, formado por organismos unicelulares con núcleo y orgánulos. Todos teñen mitocondrias.
-
De ese grupo, os que ademais teñen cloroplastos formaran o Reino Plantae.
-
E de ese mesmo grupo, os que non as tiñan podían formas o reino dos animais (Reino Animalia) e o dos fungos (Reino Fungi).
Durante
moito tempo só houbo seres unicelulares, os tres reinos máis
modernos son os animais, as plantas e os fungos. Os organismos
formados por unha ou máis células compostas tiveron un gran proceso
evolutivo e os humanos somos un dos seus representantes actuais. Este
é un gran momento para reflexionar sobre o feito de que os cinco
reinos non se poden poñer en fila, senón que a evolución ten forma
de árbore dende os seus inicios.
O
primeiro que usou o termo biodiversidade foi un notable investigador
chamado E. O. Wilson, famoso por, entre outras cousas, desenvolver
unha nova rama da ciencia do comportamento chamada sociobioloxía,
que consiste en explicar a organización social das especies en
relación os principios dos neodarwinismo.
Dito doutra forma, consiste en determinar canto influíu o ambiente
nos xenes de alguén para dar lugar ao individuo que se formou.
Outro
problema é o de determinar se algo está vivo ou non. Os seres vivos
reprodúcense, crecen, producen residuos, móvense...
pero as plantas e os fungos
non cambian de lugar! O que todos os seres vivos teñen en común é
a capacidade de autocopiarse, e algúns mediante o sexo e as células
sexuais (método que resultou moito máis efectivo que o asexual).
Por outra parte a recombinación xenética á que da lugar a
combinación dos xenes dos dous proxenitores dun ser vivo,
proporciona moita variedade ás especies, xa que non hai dous
individuos iguais.
Como ampliación, se fas click sobre calquera das imaxes sobre os reinos animais, irás a outra páxina para informarte máis sobre ese tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario