xoves, 9 de maio de 2019

RELIXIÓNS (OPINIÓN PERSOAL)

As relixións son un tema bastante delicado para debatir, e ante todo aclarar que o seguinte é unha opinión persoal e non pretende ofender a ningén.

Tanto na miña casa como no meu antigo colexio, recibín unha forte educación relixiosa, desas de ir todos os domingos á misa ou de non poder comer carne en certa época do ano. Eu dende moi pequena souben que todo iso do ceo e da vida eterna non me cheiraba moi ben, e ocasionoume bastantes problemas. Non me parecía ben ter que ir todos os domingos e escoitar o sermon, ou ir a contarlle as miñas pillerías o cura de turno, ou facer a primeira comunión.

Dende os 3 anos ata qe empecei bacharelato estudei nun colexio relixioso, no cal todas as mañás facíamos a oración do día, e de vez en cando había misas na capilla que tiñan dentro. Nun colexio así nunca puden estudar filosofía ou valores éticos, xa que a relixión era obligatoria. Nese mesmo colexio tiven que tapar os meus piercings con esparadrapo para poder sentarme no pupitre. E tamén nese colexio estaba terminantemente prohibido saltarse unha eucaristía ou levar un pantalon que acabase encima do xeonllo.

Eu son unha persoa moi nova e cas ideas cambiantes e en proceso de formación, pero do que estou cen por cento segura é de que eso non está ben. Non está ben sacar aos nenos de clase de historia para levalos á misa ou a confesarse, e non está ben privalos de estudar filosofía porque a relixión sexa a materia imposta.

Por todo iso e moito máis espero, que se o día de mañá cumplo as miñas metas é chego alto no mundo da política, consiga acabar con este tipo de institucións; ou polo menos evitar a súa financiación con diñeiro público.

Para finalizar repito que esto é tan só a miña humilde opinión e que non pretendo ofender a ningúen, xa que hoxe en día expresarse comeza a ser case tan complicado como era fai 60 anos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...