xoves, 9 de maio de 2019

O HOME E A LÚA. ESE DEBATE.

Cada certo tempo reaparece ese enorme debate sobre as posibles mentiras que a NASA introduce na nosa sociedade: é a Terra plana?, chegou o home a lúa?... Para os máis escépticos o home non chegou a pisala nunca, e trátase dunha conspiración mundial para enganar a todas as persoas e esconder algo que se econtrase alá arriba. Para outros o home chegou e de verdade chantou a bandeira dos EEUU e saúdouna ben loxe da súa terra.

Persoalmente non poría a man no lume por ningunha das dúas, pero si apostaría porque o Amstrong dera ese paseo lunar. Un dos aspectos máis criticados polos escépticos sobre a veracidade das imaxes aportadas pola NASA como proba é a bandeira. Nesta entrada tentarei explicar o meu punto de vista sobre ditas imaxes.
  • Na primeira fotografía podemos ver o astronauta en pe saudando a súa bandeira, que esta chantada a uns metros del. Podemos ver sobresaír os seus dedos pola parte dianteira do seu casco. Pola forma que colle a bandeira parece estar ondeando e podemos observas que esta suxeita por toda a parte superior.

  • Na segunda imaxe vemos como xa baixou o brazo para finalizar o saúdo. A bandeira atópase exactamente na mesma posición, co cal podemos concluír que a bandeira non está ondeando, senón que esa sensación de movemento débese a menor forza da gravidade na lúa.

Como xa dixen eu non teño a resposta o debate, pero unha imaxe vale máis que mil palabras. O escepticismo está moi ben, é moi viable como forma de pensamento e tamñen moi respetable, pero como pensaba Kant, hai que saber porlle freo para non evitar que o saber avance.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...