mércores, 6 de marzo de 2019

DISPARATES DE ALUMNOS EN EXÁMENES DE FILOSOFÍA

Todos os alumnos sabemos que moitas veces temos moitos exames nun mesmo día, ou temos semanas realmente caóticas debido a eles, entón sempre se nos pode "ir un pouco a pinza" e dicir algunha tontería, pero tanto como estas...

Eu todos os días leo os periódicos, e fai un par de días vin esta noticia a cal me deixou moi impresionada. Fala sobre un profesor que leva moitos anos dando clase de Filosofía e Historia, e conta algunhas desas "burradas" ditas ou escritas polos seus alumnos. A verdade é que é algo interesante de ler, e paréceme moi relevante sobre todo nesta época do curso...

CIENTÍFICOS TOLOS DA VIDA REAL (I)

Despois de facer a disertación sobre Semmelweis quedeime reflexionando sobre como foi o seu fin, totalmente tolo pero sen maldade. Entón decidín investigar a médicos e cintíficos cuxas aspiracións ou métodos fosen totalmente tolos, pero da crueldade ca que actuaron:
Ilya Ivanovich (Wikipedia)
  • Johann Conrad Dippel (1673-1734): era alemán e estaba interesado en crear vida artificial. Chamábano o ladrón de corpos, xa que os roubaba para realizar "transplantes de almas".
  • Ilya Ivanovich Ivanov (1870-1930): ruso da época stalinista que realizaba experimentos para intentar cruzar razas de animais tales como zebra-burro, porco-coello...
  • Vladimir Demikhov (1916-1998): tamén foi da época stalinista, e ten a súa fama por transpantar partes vivas de cachorros de cans aos corpos de adultos desa mesma raza.
  • Shiro Ishii (1892-1959): coñecido como pai da guerra biolóxica, inseminou a miles de prisioneiros con enfermidades mortais, así como ciruxías aberrantes a prisioneiros vivos e sen anestesia.
  • Sigmund Rascher (1909-1945): este científico realizou os seus atroces experimentos grazas a impunidade que lle outorgaron os xenerais da guerra, os cales conistían en matar persoas coa súa cámara de presión portátil ou conxeladoas.
Sigmund Rascher (wikipedia)
Vladimir Demikhov (wikipedia)








IGNÁC F. SEMMELWIS

PARTOS, INFECCIÓNS E MORTES.
Como proposta de traballo, fixen unha disertación sobre o médico húngaro Ignác Semmelweis, que deixo a continuación (click na imaxe) por se a alguén lle interesa lela e saber un pouco máis.


EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...