Despois de facer a disertación sobre Semmelweis quedeime reflexionando sobre como foi o seu fin, totalmente tolo pero sen maldade. Entón decidín investigar a médicos e cintíficos cuxas aspiracións ou métodos fosen totalmente tolos, pero da crueldade ca que actuaron:
Ilya Ivanovich (Wikipedia) |
- Johann Conrad Dippel (1673-1734): era alemán e estaba interesado en crear vida artificial. Chamábano o ladrón de corpos, xa que os roubaba para realizar "transplantes de almas".
- Ilya Ivanovich Ivanov (1870-1930): ruso da época stalinista que realizaba experimentos para intentar cruzar razas de animais tales como zebra-burro, porco-coello...
- Vladimir Demikhov (1916-1998): tamén foi da época stalinista, e ten a súa fama por transpantar partes vivas de cachorros de cans aos corpos de adultos desa mesma raza.
- Shiro Ishii (1892-1959): coñecido como pai da guerra biolóxica, inseminou a miles de prisioneiros con enfermidades mortais, así como ciruxías aberrantes a prisioneiros vivos e sen anestesia.
- Sigmund Rascher (1909-1945): este científico realizou os seus atroces experimentos grazas a impunidade que lle outorgaron os xenerais da guerra, os cales conistían en matar persoas coa súa cámara de presión portátil ou conxeladoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario