xoves, 9 de maio de 2019

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a legalización da eutanasia volver estar en boca de moitos, e dada a súa importacia considero que nun blogue sobre filosofía da ciencia sería interesante tratalo.

A continuación, os principais puntos a favor da súa legalización:
  • Liberdade persoal: toda persoa, sempre que se atope en pleno uso das súas capacidades mentais, debe ser libre de poder decidir o futuro da súa vida; o problema chega cando non é capaz de executar a súa decisión polas súas condicións físicas. Nese caso, por que non vai poder un médico ou familiar axudalo coa súa decisión?
  • Ter unha vida indigna por algunha enfermidade: algunhas condicións médicas provocan uns deterioros físicos nas persoas que as sufren que lles impiden levar unha vida normal, ou tan sequera digna.
  • Dor e sufrimento: existen moitas enfermidade incurables ou progresivas que fan da vida dalgunhas persoas unha travesía insufrible polo dor que ocasionan, físico ou pxicolóxico.
  • Artigo 2 dos Dereitos Humanos: dito artigo declara que ninguén poderá ser torturado ou sometido a situacións denigrantes, e certas enfermidades provocan esas situacións polos terribles efectos que teñen.
Deseguido, os puntos a favor de que non se legalice:
  • Asesinato/homicidio: cando se lle practica a eutanasia a alguén estase acabando ca súa vida, co cal estase a cometer un asasinato ou homicidio.
  • Dor dos seres queridos: no caso de que a morte acabe co sufrimento do enfermo, pode agravar moito o dos seus familiares e amigos.
  • É irreversible.
  • Fraudes: o ser humano e malévolo, e pode chegar a practicar ou recomendar a práctica da eutanasia co fin de abaratar costos ás familias ou ao Estado.
  • Relixión: segundo o cristianismo, unha persoa non é a dona da súa vida, senón que esta pertence a Deus, e é el quen debe escoller cando remata.
Unha vez expostos os puntos a favor e en contra, podo formar unha opinión sobre o debate. Conclúo que a eutanasia debería ser legal en todas as situacións que sexa solicitada polo paciente, e sempre e cando este se atope perfectamente nas súas condicións psicolóxicas; ademais do férreo control que se debe seguir, para evitar fraudes e inxustizas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...