xoves, 9 de maio de 2019

O MELLOR MESTRE DO MUNDO

Fai uns días entereime de que existe un premio para o mellor mestre do mundo, cuxa recompensa son cerca de 900 000€. O de este ano resultou bastante particular, xa que gañouno un home de 36 anos procedente dun pobo remoto e moi azotado pola pobreza en Kenia. 

O eloxiado mestre chámase Peter Tabiche, e según dixo cando lle deron o premio "débello todo a Deus". 

Unha das cousas polas que máis merece o premio para o comité encargado, é o feito de que done o 80% do seu salario aos máis pobres do pobo. Nos 12 anos que leva dando clase, non só ensina os contidos das materias, senón que tamén imparte clases de cultivo para evitar as enormes fames que pasan os seus alumnos.

O presidente de Kenia felicitouno coas seguintes palabras: "é un xenial exemplo do que o espírito humano pode conseguir non só para Kenia ou África, senón para todo o mundo".



Ningún comentario:

Publicar un comentario

EUTANASIA

As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...