No cuarto capítulo do libro, fálase de que na biosfera actual
hai moitos organismos pluricelulares, formados por células
eucariotas, que teñen membrana nuclear (dentro da cal se almacena o
ADN) e varios orgánulos no citoplasma. Os vexetais pola súa parte,
teñen ademais cloroplastos, con clorofila para poder levar a cabo o
seu proceso de fotosíntese. Pero o realmente curioso é que o
material xenético forma o núcleo desas células.
Dise que unhas
bacterias chamadas espiroquetas convertéronse nos flaxelos que
impulsan a algunhas protistas, e que incluso poderían ter a mesma
orixe que os filamentos que fan posible a división celular ou
mitosis. Esta teoría foi defendida por Lynn Margulis, e é chamada
endosimbiosis. Ademais, dita teoría contradice totalmente a idea de
Darwin da selección natural.
Facendo click na imaxe sobre os orgánulos que teñen en común as células vexetais e animais, visitarás unha paxina na cal se profundiza moito máis sobre ese tema en concreto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario