Como me pareceu moi interesante a lista dos médicos tolos, hoxe vouna ampliar un pouco mais!
- John Lilly: foi o creador da cámara de privación sensorial, un artefacto que priva as persoas que sufren nel de recibir calquera tipo de estímulo; o cal acaba por volver tolas as persoas. Nun principio aplicouno como modo de tortura militar, pero co tempo diseñouno de forma máis caseira, e ía dirixido a home que pretendían castigar as súas mulleres.
- J. Robert Oppenheimer: foi o creador da bomba atómica nuclear e un dos directores do proxecto Manhatan, encargado do desenvolvemento das famosas bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki.
- Simdney Gottlieb: foi un psiquiatra dos EEUU que era especialista en envenenamentos (conspirou para envenenar a Fidel Castro), e estudou moito o uso do LSD para obter máis información en interrogatorios militares.
- Joseph Mengele: este é o máis coñecido da lista, persoalmente xa coñecía a súa historia de fai moito tempo e pode que lle dedique unha entrada. O seu crime levouse a cabo durante o Terceiro Reich, e trátase de todos os experimentos que levou a cabo como médico dun campo de concentración: especializouse nos xemelgos, se sentían un a dor de outro... actuaba con moita frialdade e por eso, quizais sexa o médico máis cruel e tolo que existiu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario