O primeiro capítulo do libro Elemental, queridos humanos. Vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra contadas por Juan Arsuaga fala de como é a Terra, que a compón... en definitiva, describe o que denomina a nosa casa.
Fala tamén dunha paradoxa iniciada polo británico Arthur C. Clarke (1917-2008) cando dixo que sería moito mellor chamar Océano en lugar de Terra ao noso planeta, debido a que a maior parte deste son augas e non terra emerxentes. Esta teoría verase reforzada pola existencia dos mantos de xeo e glaciais situados nos polos, que almacenan cantidades enormes de auga en estado sólido.
Tamén se nomea a un xeoquímico ruso que comezará a falar dos seres vivos como outra capa da Terra; e uns anos máis tarde Pierre Teilhard de Chardin (1881-1953) daralle o nome de "noosfera" ou "esfera pensante". Segundo o científico e místico francés, os seres vivos están a tecer unha nova e sutil capa, unha rede de cerebros que traballan xuntos sobre a Terra.
O primeiro capítulo foi bastante interesante, gusotume moito. Pronto continuarei a lelo e a resumilo. Moitas grazas!💓
Ningún comentario:
Publicar un comentario