No
Cámbrico fan a súa aparición no rexistro fósil os animais que
coñecemos hoxe en día (vertebrados, invertebrados... e dentro
destes últimos, moitos organismos que acabaron desaparecendo coma os
artrópodos). Antes do Cámbrico non hai rastro algún de cunchas,
placas, dentes, osos, corais...
Existe
unha teoría que propón que os animais anteriores ao Cámbrico
vivían coma “espidos”, é dicir, se partes duras nos seus
corpos; mentres que outra di que apareceron nesa época, e por eso
non hai restos anteriores.
TODO
O MUNDO ERRA AS VECES.
Charles
Darwin na súa obra El origen de las especies acepta a tería
da evolución de sir W. Thompson, que di que a evolución foi máis
rápida ao principio e logo baixou a súa velocidade (aínda que
agora nós xa sabemos que non foi así). Pero sir W. Thompson
ademais, para determinar a idade da Terra, baseábase na velocidade
de arrefiramento do interior do planeta. Pero o que el non sabía era
que a radioactividade produce o calor do interior do noso planeta.
UNS
PEQUENOS PETER PAN.
Os
vertebrados considerámonos o produto máis acabado da evolución. Os
animais divídense en grupos chamados filos, que están moi
separados dende fai un montón de anos. Os vertebrados non forman un
filo propio, senón que están dentro do filo dos cordados.
Un
animal cordado é aquel que ten unha estrutura cilíndrica, maciza e
consistente que o percorre case por completo, e sobre a cal se apoian
os músculos permitindo así a súa flexibilidade. Ademais teñen
tamén un tubo neural en posición dorsal.
O
anfioxo é un cordado suspensívoro que vive no fango marino.
Ten boca, pero carece de cráneo, mandíbula, cerebro e ollos. Os
primeiros vertebrados era moi similares a esta especie animal.
Pero
hai un subtipo de cordados chamados tunicados. Forman parte
dese grupo as ascidias, das cales se pensa que nas súas
pequenas larvas atópase a chave da orixe dos anfioxos e dos
vertebrados. Se fose verdade podemos imaxinar que descendemos duns
pequenos Peter Pan (xa que levan unha vida nómade).
Ningún comentario:
Publicar un comentario