Moi boas! Despois de ler con moita atención o libro Elemental queridos humanos, vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra, fixen uns resumos por capítulo e unha presentación para poder expoñer diante do meu grupo. Por se vos interesa, dita presentación pódese ver aquí, e o traballo escrito aquí.
luns, 4 de febreiro de 2019
EPÍLOGO: “EL PORVENIR ESTÁ ABIERTO”.
Para
Karl Popper foi o primeiro en defender a vida, e para el todos os
seres vivos estamos continuamente elaborando hipóteses, aínda que
non sexa de maneira consciente.
Segundo
el tamén, os humanos creamos a linguaxe, unha ferramenta que nos
permite sacar fora esas hipóteses e sometelas a crítica, e poder
así resolver problemas. En resumo, o epílogo deste libro é un
homenaxe a Karl Popper e ao seu libro, cuxo título comparten.
CAPÍTULO 24: “SUBE LA FIEBRE”.
“La
Tierra es un lugar hermoso, pero tiene una enfermedad llamada hombre”
é unha frase moi adecuada para o tema deste capítulo, dita por
Nietzsche.
Hai
persoas que negan o cambio climático, coma se fose un tema unha
cuestión aberta a debate ou unha ideoloxía, cando o que realmente é
é un problema moi serio actualmente. Este capítulo insiste moito en
dito problema e cita cales estás sendo as consecuencias do mesmo,
que non son outras que as que xa todos coñecemos (fusión dos polos,
esgotamento de recursos, emisión excesiva de gases tóxicos...).
CAPÍTULO 23: “GUERRA Y PAZ”.
Cando
se libra unha guerra, nunca se conta como acabaron os derrotados,
porque a nós como humanos non nos interesa. En realidade, parece que
non sabemos honrar a alguén se non é un conquistador de terras. O
mesmo pasa cos animais, que despois de vencelos os que nos resultan
útiles (vacas, ovellas...) sobreviviron, e actualmente moitos deles
viven en granxas intensivas de explotación.
De
todo iso naceu un gran dilema moral sobre que animais son os que
mellor viven:
-
Os que viven presos nesas granxas, unha vida normalmente longa e sen falta de alimento, pero separados das crías e sobreexplotados.
-
Os que viven libres pero morren pronto porque son presas doutros animais ou por falta de alimento.
-
Os que son obxecto de investigación e experimentación en laboratorios, pero sen riscos de ser presa ou de falta de comida.
Volvendo
ao tema das conquistas, cabe mencionar que os gañadores non sempre
saen moi ben parados. Despois de conquistar novos terreos, os
conquistadores poden levar infinidade de novas enfermidades as súas
terras, as cales adquiriron neses novos terreos conquistados.
CAPÍTULO 22: “EL HOMBRE PROPONE Y EL CIELO DISPONE”.
Este
capítulo non é moi extenso e trata de temas puramente biolóxicos
que todos coñecemos, como o cambio climático producido pola nosa
contaminación desmesurada e a negación que exercemos ante ese
problema.
CAPÍTULO 21: “¡CUÁNTA BASURA!”.
Os
humanos somos os únicos seres vivos que producimos tantos residuos
que semellan infinitos, e comezouse a demostrar durante a Revolución
Industrial. Dende entón a xestión de residuos procedentes da
industria e das cidades converteuse nun problema de moi difícil
solución. Calcúlase que nun país rico cada persoa produce arredor
de 1kg o día de lixo, e en cidades máis avanzadas como Nova York,
3kg ó día.
A
pesar de todos os problemas que produce o exceso de lixo, non se pon
moito esforzo en solucionalos. A opción máis recorrente é a de
sacar os residuos das cidades que sexan máis importantes e
acumulalos noutras consideradas menos importantes a ollos dos líderes
das grandes potencias mundiais; formando así enormes vertedeiros a
ceo aberto nos países menos desenvoltos. Aínda así, nas grandes
cidades tamén existen grandes vertedeiros: en Nova York, México,
Bombay, Madrid... hai vertedeiros de máis de 200 hectáreas de
superficie. Tokio non figura nesa lista porque eles optaron por
queimar os seus residuos. Dita cidade produce 405 millóns de
toneladas de lixo cada ano, e só recicle un 13% aproximadamente.
Ditos
vertedeiros ao
ser tan
grandes, non
só teñen o obvio efecto sobre a Terra, senón que tamén o teñen
sobre a sociedade. Hai familias que habitan neses lugares, e viven do
que lles proporciona rebuscar nese lixo para despois reparalo, se é
posible, para despois vendelo.
Entre
Asia e América do Norte, no océano Pacífico, apareceu o que se lle
chama, con moita ironía, o “sétimo continente”. Ten a extensión
de tres Españas aproximadamente e basicamente é unha placa flotante
feita de plásticos, os mesmos que nós tiramos sen nos preocupar
máis deles.
Fai
tempo dicíase que os mares eran as despensas da humanidade, e que no
futuro nos alimentaríamos del, xa que é inesgotable; pero co paso
de tempo estanos quedando claro que non vai ser así (costas
totalmente destruídas, animais e plantas mariñas extintas...).
Tamén
se dixo que os plásticos que desperdiciamos agora serán usados
polos arqueólogos do futuro para determinar a idade do que sexa
necesario ou o paso do tempo, pero sinceramente dubido de que se
cheguen a expoñer en museos como afirma o libro.
CAPÍTULOS DO 14 ATA O 20.
Os
capítulos:
14:
… y se conocen a sí mismos.
15:
Algunos decidieron ganarse el pan...
16:
… y empezaron a cambiar la piel de la tierra.
17:
Pero no todas son tierras de garbanzos.
18:
Los campesinos hacen paisajes.
19:
Alumbrar, cocinar, calentar y mucho más.
20:
Cada vez más juntos.
Falan
de como evolucionou o ser humano, e de como este foi alterando a
Terra mediante as súas construcións, os seus campos de cultivo...
CAPÍTULO 13: “LOS HOMÍNIDOS CONOCEN MUNDO...”.
En
Georgia aparecen os restos dunha especie denominada homo georgius,
os cales recordaban aos homo habilis; pero o seu cerebro é
moito máis grande, así como a súa altura.
Simultaneamente,
en Flores (Indonesia) descobren restos do que chamarán homo
floresiensis, de un metro de estatura e cerebro de
australopitecus. Ademais, aparecen con artefactos de pedra e
nunha illa, o cal demostra que tiveron que aprender a navegar ata
ela.
CAPÍTULOS 8, 9, 10 E 12.
Os
capítulos :
8:
Una cápsula de supervivencia en forma de huevo.
9:
¿Por qué no vuelan los elefantes y se suben a los árboles las
ballenas?
10:
El suelo se mueve bajo los pies.
12:
A terra tirita.
Continúan
a falar sobre o avance das primeiras formas de vida moi
detalladamente, así como dos cambios na Terra.
CAPÍTULO 11: “UNOS MACHOS MUY PELEONES”.
Os
primeiros homínidos coñecidos son os australopitecos, e
tiñan uns molares máis grandes e fortes que os chimpancés. Grazas
a iso o seu alimento podía ser moito máis duro (froitos maduros,
tallos de plantas...).
Os
australopitecos eran pequenos e bípedos, e había unha gran
diferenza entre os machos e as femias (clara superioridade física
dos machos), no cal o libro fai moito énfase.
CAPÍTULO 7: “UNHAS DELICATESSEN VIDAS DO CÁMBRICO”
En
Galicia comemos lampreas, que son uns animais que teñen a boca moi
rara: sen mandíbula, e por iso non poden cazar as súas propias
presas, facéndose así parásitos dos outros peixes. Son
representantes dos agnatos (vertebrados sen mandíbula), que
foron os primeiros que houbo no Cámbrico. Os vertebrados con
mandíbula aparecen no Silúrico pero fixéronse abundantes no
Devónico.
Ademais,
cabe destacar dúas clases de peixes: os que teñen o esqueleto de
cartilaxe (tiburóns), e os que o teñen de óso. Dentro do segundo
grupo poden ter moitos ósos na aleta (que non son comestibles) ou
poucos (que son comestibles).
Os
humanos descendemos de algún peixe con catro aletas de pouco óso e
pulmóns cos que respirar o osíxeno do aire nas zonas de auga con
pouca profundidade.
No
Devónico aparecen tamén as plantas máis simples (musgo) e as
plantas vasculares (con raíces e condutos para os líquidos).
CAPÍTULO 6:“¿DÓNDE SE METÍAN LOS ANIMALES, QUE NO APARECEN?”
No
Cámbrico fan a súa aparición no rexistro fósil os animais que
coñecemos hoxe en día (vertebrados, invertebrados... e dentro
destes últimos, moitos organismos que acabaron desaparecendo coma os
artrópodos). Antes do Cámbrico non hai rastro algún de cunchas,
placas, dentes, osos, corais...
Existe
unha teoría que propón que os animais anteriores ao Cámbrico
vivían coma “espidos”, é dicir, se partes duras nos seus
corpos; mentres que outra di que apareceron nesa época, e por eso
non hai restos anteriores.
TODO
O MUNDO ERRA AS VECES.
Charles
Darwin na súa obra El origen de las especies acepta a tería
da evolución de sir W. Thompson, que di que a evolución foi máis
rápida ao principio e logo baixou a súa velocidade (aínda que
agora nós xa sabemos que non foi así). Pero sir W. Thompson
ademais, para determinar a idade da Terra, baseábase na velocidade
de arrefiramento do interior do planeta. Pero o que el non sabía era
que a radioactividade produce o calor do interior do noso planeta.
UNS
PEQUENOS PETER PAN.
Os
vertebrados considerámonos o produto máis acabado da evolución. Os
animais divídense en grupos chamados filos, que están moi
separados dende fai un montón de anos. Os vertebrados non forman un
filo propio, senón que están dentro do filo dos cordados.
Un
animal cordado é aquel que ten unha estrutura cilíndrica, maciza e
consistente que o percorre case por completo, e sobre a cal se apoian
os músculos permitindo así a súa flexibilidade. Ademais teñen
tamén un tubo neural en posición dorsal.
O
anfioxo é un cordado suspensívoro que vive no fango marino.
Ten boca, pero carece de cráneo, mandíbula, cerebro e ollos. Os
primeiros vertebrados era moi similares a esta especie animal.
Pero
hai un subtipo de cordados chamados tunicados. Forman parte
dese grupo as ascidias, das cales se pensa que nas súas
pequenas larvas atópase a chave da orixe dos anfioxos e dos
vertebrados. Se fose verdade podemos imaxinar que descendemos duns
pequenos Peter Pan (xa que levan unha vida nómade).
venres, 1 de febreiro de 2019
PRESENTACIÓN E RESUMOS DO LIBRO POR CAPÍTULOS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
EUTANASIA
As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...
-
Cada certo tempo reaparece ese enorme debate sobre as posibles mentiras que a NASA introduce na nosa sociedade: é a Terra plana?, chegou o ...
-
Moi boas! Despois de ler con moita atención o libro Elemental queridos humanos, vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra , fixen uns re...
-
As relixións son un tema bastante delicado para debatir, e ante todo aclarar que o seguinte é unha opinión persoal e non pretende ofender a...