- Filosofía de uso social.
- A volta da filosofía.
- Civera e Abad, dous filósofos rescatados do exilio.
- Na tumba de Hume.
luns, 3 de decembro de 2018
NOVAS FILOSÓFICAS DE INTERÉS II
As novas relacionadas coa filosofía que ofrezco hoxe son as seguintes, para velas solo tendes que facer click sobre o título da mesma:
CAPÍTULO 5:"¿INTERCAMBIAS GENES O TE LOS GUARDAS? APARECE EL SEXO"
O inglés R. H.
Whittaker xunto coa xa nomeada Lynn Margulis propuxeron unha división
da vida en cinco reinos:
-
Por un lado están as bacterias e as cianobacterias (Reino Monera), que son organismos unicelulares que non teñen núcleo nin orgánulos.
-
Máis tarde, pola incorporación sucesiva de diferentes tipos de procariontes, apareu o Reino Protoctista, formado por organismos unicelulares con núcleo y orgánulos. Todos teñen mitocondrias.
-
De ese grupo, os que ademais teñen cloroplastos formaran o Reino Plantae.
-
E de ese mesmo grupo, os que non as tiñan podían formas o reino dos animais (Reino Animalia) e o dos fungos (Reino Fungi).
Durante
moito tempo só houbo seres unicelulares, os tres reinos máis
modernos son os animais, as plantas e os fungos. Os organismos
formados por unha ou máis células compostas tiveron un gran proceso
evolutivo e os humanos somos un dos seus representantes actuais. Este
é un gran momento para reflexionar sobre o feito de que os cinco
reinos non se poden poñer en fila, senón que a evolución ten forma
de árbore dende os seus inicios.
O
primeiro que usou o termo biodiversidade foi un notable investigador
chamado E. O. Wilson, famoso por, entre outras cousas, desenvolver
unha nova rama da ciencia do comportamento chamada sociobioloxía,
que consiste en explicar a organización social das especies en
relación os principios dos neodarwinismo.
Dito doutra forma, consiste en determinar canto influíu o ambiente
nos xenes de alguén para dar lugar ao individuo que se formou.
Outro
problema é o de determinar se algo está vivo ou non. Os seres vivos
reprodúcense, crecen, producen residuos, móvense...
pero as plantas e os fungos
non cambian de lugar! O que todos os seres vivos teñen en común é
a capacidade de autocopiarse, e algúns mediante o sexo e as células
sexuais (método que resultou moito máis efectivo que o asexual).
Por outra parte a recombinación xenética á que da lugar a
combinación dos xenes dos dous proxenitores dun ser vivo,
proporciona moita variedade ás especies, xa que non hai dous
individuos iguais.
Como ampliación, se fas click sobre calquera das imaxes sobre os reinos animais, irás a outra páxina para informarte máis sobre ese tema.
CAPÍTULO 4:"LA IMPORTANCIA DE UNA MALA DIGESTIÓN"
No cuarto capítulo do libro, fálase de que na biosfera actual
hai moitos organismos pluricelulares, formados por células
eucariotas, que teñen membrana nuclear (dentro da cal se almacena o
ADN) e varios orgánulos no citoplasma. Os vexetais pola súa parte,
teñen ademais cloroplastos, con clorofila para poder levar a cabo o
seu proceso de fotosíntese. Pero o realmente curioso é que o
material xenético forma o núcleo desas células.
Dise que unhas
bacterias chamadas espiroquetas convertéronse nos flaxelos que
impulsan a algunhas protistas, e que incluso poderían ter a mesma
orixe que os filamentos que fan posible a división celular ou
mitosis. Esta teoría foi defendida por Lynn Margulis, e é chamada
endosimbiosis. Ademais, dita teoría contradice totalmente a idea de
Darwin da selección natural.
Facendo click na imaxe sobre os orgánulos que teñen en común as células vexetais e animais, visitarás unha paxina na cal se profundiza moito máis sobre ese tema en concreto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
EUTANASIA
As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...
-
Cada certo tempo reaparece ese enorme debate sobre as posibles mentiras que a NASA introduce na nosa sociedade: é a Terra plana?, chegou o ...
-
Moi boas! Despois de ler con moita atención o libro Elemental queridos humanos, vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra , fixen uns re...
-
As relixións son un tema bastante delicado para debatir, e ante todo aclarar que o seguinte é unha opinión persoal e non pretende ofender a...