- A primera fala sobre a presunta discriminación das mulleres no departamento de filosofía da Universidade nacional.
- A segunda fala sobre Georg Cantor, un matemático que descubriu que hai moitos tipos de infinitos e de diferentes tamaños.
- A final e terceira, fai unha reflexión sobre si o sistema educativo vixente vai ou non en contra do pensamento libre.
luns, 19 de novembro de 2018
NOVAS FILOSÓFICAS DE INTERÉS I
Nesta sección do blogue, irei publicando novas que se publican en moitos medios, que tratan temas reacionados ca filosofía.
CAPÍTULO 3:“MUCHAS GRACIAS, PEQUEÑAS, OS DEBEMOS LA VIDA”
Cando
un paleontólogo usa o pronome nós, pode referirse a dous termos moi
diferentes:
-
Nós como seres humanos Homo Sapiens, especie que xurdiu hai uns dous mil anos aproximadamente en África, e que se espallou por todo o mundo. Logo diso, apareceron moitas culturas moi diferentes entre elas, polo que tivemos que descubrirnos uns aos outros.
-
Nós como homínidos, referíndose ao momento bastante antigo da historia no cal nos separamos da liña dos chimpancés, hai uns seis o sete millóns de anos.
Fala
tamén do duro e complexo problema que supón tentar definir a vida,
o que está vivo e o que está morto. Nomea
unha primeira teoría que postula que a vida consiste en resolver
problemas, cargas, traballos... pero está claro que as plantas non o
fan; a pesar de ser seres vivos. Introduce
tamén outra teoría, bastante mais tola e enxeñosa, que postula que
todo o que está vivo pódese comer.
CAPÍTULO 2:"A DEUSA GAIA E OS SEUS PROFETAS"
O segundo capítulo comeza cunha explicación sobre a deusa grega que personifica á Terra, Gaia ou Gea. Tamén cita varias teorías que sitúan a Gaia como deusa non só de todo o vivo, senón que tamén de todo o morto; hai outras que din que a propia Gaia é o ser vivo e non un simple fogar doutros seres vivos.
A idea orixinal de darlle ese nome á Terra tivérona James Lovelock (químico) e William Golding (novelista); quen foron apoiados por Lynn Margulis (microbióloga).
James Lovelock decátase de que a química por si mesma non explica a composición da Terra, e que debe axudarse pola bioloxía, descubrindo así que a atmosfera é unha anomalía en relación ao resto de atmosferas da vía láctea.
Son estes os descubrimentos que dan lugar á escritura, no século XX, dun ensaio de gran importancia chamado Gaia: una nueva visión de la vida sobre la Tierra.
A idea orixinal de darlle ese nome á Terra tivérona James Lovelock (químico) e William Golding (novelista); quen foron apoiados por Lynn Margulis (microbióloga).
James Lovelock decátase de que a química por si mesma non explica a composición da Terra, e que debe axudarse pola bioloxía, descubrindo así que a atmosfera é unha anomalía en relación ao resto de atmosferas da vía láctea.
Son estes os descubrimentos que dan lugar á escritura, no século XX, dun ensaio de gran importancia chamado Gaia: una nueva visión de la vida sobre la Tierra.
martes, 6 de novembro de 2018
CAPÍTULO 1:"UN DESCUBRIMENTO TAN GRANDE QUE NINGUÉN SE DECATOU DEL"
O primeiro capítulo do libro Elemental, queridos humanos. Vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra contadas por Juan Arsuaga fala de como é a Terra, que a compón... en definitiva, describe o que denomina a nosa casa.
Fala tamén dunha paradoxa iniciada polo británico Arthur C. Clarke (1917-2008) cando dixo que sería moito mellor chamar Océano en lugar de Terra ao noso planeta, debido a que a maior parte deste son augas e non terra emerxentes. Esta teoría verase reforzada pola existencia dos mantos de xeo e glaciais situados nos polos, que almacenan cantidades enormes de auga en estado sólido.
Tamén se nomea a un xeoquímico ruso que comezará a falar dos seres vivos como outra capa da Terra; e uns anos máis tarde Pierre Teilhard de Chardin (1881-1953) daralle o nome de "noosfera" ou "esfera pensante". Segundo o científico e místico francés, os seres vivos están a tecer unha nova e sutil capa, unha rede de cerebros que traballan xuntos sobre a Terra.
O primeiro capítulo foi bastante interesante, gusotume moito. Pronto continuarei a lelo e a resumilo. Moitas grazas!💓
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
EUTANASIA
As necesidades e os debates sobre elas van evolucionando a medida que pasa o tempo e avanzan as sociedades. Ultimamente, o debate sobre a l...
-
Cada certo tempo reaparece ese enorme debate sobre as posibles mentiras que a NASA introduce na nosa sociedade: é a Terra plana?, chegou o ...
-
Moi boas! Despois de ler con moita atención o libro Elemental queridos humanos, vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra , fixen uns re...
-
As relixións son un tema bastante delicado para debatir, e ante todo aclarar que o seguinte é unha opinión persoal e non pretende ofender a...